Thursday 02 de May de 2024

O Concello de Vimianzo busca as creacións artísticas da rapazada coa actividade


 

“Artistas na casa: debuxos infantís das ventás ás redes sociais”

O Concello de Vimianzo presenta a actividade ARTISTAS NA CASA: DEBUXOS INFANTÍS DAS
VENTÁS ÁS REDES SOCIAIS pertencente á programación dixital #ActívateNaCasa.”
Ante esta situación tan especial que estamos a vivir, as ventás vimiancesas están quedando
fermosas cos debuxos dos máis pequenos e pequenas da casa. Esta creatividade artística da
rapazada é unha mensaxe de optimismo ante o avance do COVID-19 que nos gustaría que
compartiran con toda a veciñanza de maneira virtual.
Por iso, desde o Concello de Vimianzo, queremos que tamén deixen as súas pinceladas nas
nosas redes sociais. Estes ventás e balcóns decorados polas familias son espazos temporais de
arte para compartir #VimianzoNaVentá.
Cos debuxos que nos acheguen ao correo cultura@vimianzo.gal crearemos un álbum na páxina
do facebook do concello para que todos e todas poidamos ver as creacións dos/as artistas
infantís vimiancéses.
Animádevos a participar e quedemos na casa!! Xa falta menos para saír deste confinamento!
• PASO 1: Facer un debuxo sobre o confinamento
Si xa o tes feito quitádelle unha fotiño!
• PASO 2 Fáinolo chegar (indicando nome e idade do/a artista da casa) enviándoo ao correo
cultura@vimianzo.gal
• Crearemos un álbum na páxina de Facebook do Concello.